----

Xerardo Fernandez Albor: "conseguir o que conseguimos nós, os galeguistas de entonces, foi fundamental"



Xerardo Fernández Albor foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia. Baixo o seu goberno aprobouse a Lei do Consello da Cultura Galega (CCG). Nesta entrevista fala sobre a cultura nos inicios da autonomía, nomeadamente a lei da galeguidade, a de normalización lingüística e a do CCG que o propio Albor chama "berce da recuperación do galeguismo que soñábamos todos coa xente da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos".
Xerardo Fernandez Albor:

Vídeo gravado por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.