----

Presentación de "O soño da Galiza ideal", de Xosé Manuel Núñez Seixas

Mércores, 28 de setembro ás 12.30 horas
Presentación de

O Consello da Cultura Galega acollerá o mércores, 28 de setembro, a presentación do libro O soño dunha Galiza ideal, de Xosé Manuel Núñez Seixas e editado por Galaxia. Trátase de seis traballos, publicados en diversos libros e revistas entreos anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio de 1936 en América. Na presentación participarán Víctor F. Freixanes, editor de Galicia, Ramón Villares e o autor. A presentación realizarase ás 12:30 h.