A lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas

Os expertos da xornada A responsabilidade social corporativa en galego coincidiron en sinalar a creación dun relato propio, único e veraz e o establecemento dun diálogo cos usuarios como algunhas claves para unha boa RSC. O compromiso coa comunidade en que a empresa desenvolve a súa actividade ecónomica e a repercusión dos seus beneficios nesa sociedade son cruciais e, nese sentido, a lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
A lingua e a cultura galega deben ocupar un lugar prioritario nas empresas galegas

Organizada en colaboración coa Fundación Galicia Empresa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, na xornada abordáronse cuestións de relevo como a xestión da comunicación nas empresas na sociedade dixital, a historia das marcas en Galicia, o uso das novas tecnoloxías na RSC, lexislación e fiscalidade, a lingua e as experiencias de empresas públicas e privadas. Para isto contouse coa presenza de especialistas en comunicación no ámbito académico como José Manuel Pérez Tornero, Víctor Fernández Freixanes, Jesús Timoteo Álvarez, Xosé Rúas, Xoán Carmona, Juanjo Amorín, Tania Fernández Lombao, Fernando Ramallo e, por outro lado, responsables de experiencias levadas a cabo en Galicia no ámbito empresarial público e privado como Pedro Regojo, Paulino Novo, Xosé Pereira, María Garrido, José Ramón Pérez Nieto e Fernando R.Ojea.

Establecer unha autodiagnóstico para coñecer polo miúdo a situación do galego na realidade socioeconómica, a elaboración dun repertorio de boas prácticas nas empresas e o establecemento de políticas lingüísticas favorecedoras contribuirían a mellorar a situación actual onde a lingua e a cultura galegas non aparecen nun lugar destacado na responsabilidade social corporativa de moitas empresas.

No marco do auxe do debate sobre a RSC como instrumento para incorporar á estratexia e xestión das empresas preocupacións sociais, económicas e medioambientais, esta xornada fixo fincapé na necesidade unha orientación cultural e lingüística que interprete a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar a un desenvolvemento sostible.

Outras noticias que te poden interesar: