NOTICIA

----

A edición de libros en Galicia cae un 24,6 por cento nos últimos cinco anos

En 2015 editáronse en Galicia un total de 2266 libros, segundo os datos do ISBN, 338 libros menos que en 2014, amosando unha caída no último quinquenio dun 24,6%, a diferencia do caso español, no que o número de títulos aumentou. Estes son algúns dos datos que se poden extraer o informe O libro e a edición en Galicia (2016) que difunde hoxe o Observatorio da Cultura Galega do CCG.

Pode descargar o informe aquí

Estes son algúns dos datos que se poden extraer o informe O libro e a edición en Galicia (2016) que difunde hoxe o Observatorio da Cultura Galega do CCG Pode descargar o informe aquí

19/10/2016

Dentro destas cifras, os datos sinalan que o número de libros publicados en galego descendeu un 43,8% no periodo 2008-2015, perdendo máis de mil títulos desde ese ano ata hoxe, agás unha alza notable en 2010. Os libros en galego representan un 61,5% do total de libros con ISBN editados en Galicia. Os datos do informe son subministrados polos informes Estadística de la edición española de libros con ISBN e Panorámica de la edición española de libros e a partir deles .

O informe revela que a edición en galego está moi orientada ás areas de Educación e Literatura, nas que se rexistra unha tendencia ascendente no número de títulos editados nos dous casos. O incremento máis notable está nos libros de ensino, nos que se medrou máis dun 11% con respecto a 2013, pero tamén se aprecia unha tendencia ascendente en Literatura e en Historia. Segundo subsectores, os libros de texto en lingua galega foron os máis numerosos, seguidos da creación literaria e os dirixidos a un público infantil e xuvenil, que tamén seguen en ascenso, ademáis das publicaciósn de ciencia sociais e humanidades. Pola contra, disminúen os libros en galego no ámbito científico-técnico e tempo libre.

Baixan as traducións ao galego
Os libros traducidos ao galego diminuíron no periodo 2008-2014, aínda que aumentaron entre 2013 (188 títulos) e 2014 (220 títulos), sendo as linguas máis traducidas o castelán seguida do inglés.

Pontevedra, seguida da Coruña, foron as provincias nas que se editaron máis libros en galego, e moi por detrás se atopan as provincias de Lugo e Ourense. A edición privada, neste sentido, supuxo un 94% de toda a edición de libros en galego fronte á edición pública, un 6%. Déronse grandes oscilacións neste sentido, xa que a edificón pública diminuiu en 2014 un 12,9% en comparación co ano anterior, mentres que a privada se incrementou un 26,9%. No retrato do libro en galego, sinálase que o 20,1% dos libros publicados en galego en 2014 tiñan un prezo que oscilaba entre os 10,01 e os 12,50 euros.

O Observatorio da Cultura é un servizo do Consello da Cultura Galega que publica informes periódicos sobre áreas estratéxicas da cultura galega a partir de diferentes fontes e datos oficiais.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: