Unha xornada do Consello da Cultura Galega ofrece opinións encontradas sobre o noso fuso horario

Na inauguración da xornada É o noso fuso horario un problema? o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, sinalaba que a cuestión do fuso horario e dos usos sociais provoca reiteradamente un gran debate na sociedade polo que cómpre “trasladar á opinión pública argumentos que, ademais, deben ser tidos en conta polos poderes públicos” co fin de analizar o tema con racionalidade e sen polémicas. Ao longo da xornada catro expertos con opinións encontradas deitaron argumentos a favor e en contra de posibles cambios no fuso horario.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Unha xornada do Consello da Cultura Galega ofrece opinións encontradas sobre o noso fuso horario

O vindeiro domingo, último fin de semana de outubro, producirase o cambio horario estacional na Unión Europea. A idoneidade ou non deste cambio horario xera periodicamente controversia na sociedade. Catro expertos debateron sobre a cuestión nunha xornada coordinada por Jorge Mira e organizada pola Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade que tivo lugar hoxe no Consello da Cultura Galega. É no noso fuso horario un problema? é a pregunta que figura no título da xornada e, para Jorge Mira (USC), a resposta non ten dúbida: “O fuso horario non é un problema. Amosouse que, un cambio de fuso non tería efectos sobre os horarios dos españois. O retraso do fuso faríanos entrar unha hora antes na noite, a xente movería os seus horarios para atrás e quedarían igual”.

En cambio, José María Fernández-Crehuet, da Universidade Politécnica de Madrid, sinala que o cambio de hora no noso “incorrecto” huso horario provoca que o horario laboral español se prolongue máis que nos demais países da nosa contorna, provocando problemas para conciliar a vida profesional, persoal e familiar. “Pienso”, engade, “que el acercamiento de nuestros horarios con los del resto de Europa, y la vuelta al huso horario del meridiano de Greenwich (que es el que nos corresponde) es lo que beneficia a nuestra economía y a nuestra vida cotidiana”. José Fernández-Albertos, do CSIC-Madrid, cuestiona os horarios: “En mi trabajo –sinala- trato de analizar en qué medida los hábitos sociales de los españoles cambian en función del a relación entre hora oficial y solar. Encuentro que los residentes en zonas más orientales (donde la hora legal está “menos adelantada”) no entran a trabajar antes, pero sí vuelven antes del trabajo y dedican más horas a la semana a educar a sus hijos. Los efectos son, sin embargo, pequeños, e implican ciertos “costes” sociales también”. Pola súa parte, José María Martín Olalla, da Universidade de Sevilla, indica que “no, el huso horario no condiciona la vida de las personas. Las personas se han adaptado al huso racionalmente: el adelanto del huso fue contrarrestado por un retraso de los horarios y seguimos haciendo las cosas a la misma hora que en 1930”.

A xornada foi organizada pola Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, quen nos últimos anos está a se ocupar de deitar luz dende un punto de vista científico e divulgativo a problemas que atinxen á sociedade como o Prestige, as vacas tolas, os incendios ou, neste caso, o fuso horario.

Outras noticias que te poden interesar: