----

A Saia incrementa a súa colección de publicacións históricas

A colección dixitalizada de publicacións periódicas feministas A Saia, xestionada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e ADHUC Teoria, Gènere, Sexualitat da Universitat de Barcelona incorpora a publicación A muller e a loita, editada na clandestinidade en Vigo polo Movimiento Democrático de Mujeres de Vigo entre 1971 e 1976.
A Saia incrementa a súa colección de publicacións históricas

3/3/2017

A Saia é un proxecto conxunto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Comisión de Igualdade, e ADHUC - . Iníciase en 2012 e toma o nome da publicación A Saia, a primeira revista feita por un colectivo feminista independente en Galicia. O obxectivo último desta proposta pasa por poñer a disposición do público unha documentación de utilidade para todas as persoas interesadas nos feminismos e na historia contemporánea. Nestas publicacións pódense documentar con moito detalle os debates sobre as accións reivindicativas, o pensamento e as formas de creación xeradas así como as recorrentes revisións sobre a articulación do suxeito político do feminismo.

Aquí pode consultar A Saia.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: