O Observatorio da Cultura Galega participa en Viana de Castelo no “Fórum Internacional Gestão Artística e Cultural (FIGAC)”

Viana do Castelo acolle ata hoxe “O Fórum Internacional de Gestão Artística e Cultural (FIGAC)”, unha proposta que organiza o Instituto Politécnico de Viana do Castelo para proporcionar a profesionais e estudantes do sector cultural e creativo a posta en común de reflexións sobre a xestión destes eidos na actualidade. Alí estará presente Hakan Casares, responsable do Observatorio da Cultura Galega que ofrecerá este serán (16:30 hora portuguesa) un relatorio titulado “A estatística cultural e a planificación de políticas culturais”.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Na súa intervención Casares explicará como o tratamento de cifras permite obter indicadores que son de utilidade á hora de implementar políticas nesta materia. A súa intervención pecha un encontro que se desenvolveu durante dous días e que tiña unha dobre vertente: dunha banda paneis e relatorios de ámbito científico e, da outra, exhibición de proxectos creativos.