NOTICIA

----

O Consello da Cultura Galega colabora co VII Congreso de Patrimonio Industrial

As Pontes acolle desde hoxe ata o sábado o VII Congreso de Patrimonio Industrial no que colabora o Consello da Cultura Galega. A cita pretende analizar este tipo de bens patrimoniais nun contorno sustentable atendendo a cuestións como as repercusións medioambientais, paisaxes da industrialización, estratexias de rexeneración e turismo industrial. O foro, que conta cun centenar de relatores, servirá para identificar e debater problemas de xestión vencellados á intervención en paisaxes industriais.

O foro está organizado por The International Committe for the Conservatorio of the Industrial Heritage. O foro, alén das sesións de conferencias inclúe varios itinerarios que promoven visitas a empresas, museos e outros proxectos de activación do patrimonio industrial. Ademais, nesta ocasión artellarase un grupo de traballo e foro de debate sobre o asociacionismo no patrimonio industrial.