Villares fixo unha presentación da liña de traballo de acción exterior desenvolvida polo CCG, facendo especial fincapé na relación coa lusofonía. Pola súa banda, a presidenta da asemblea azoriana asinou no libro de honra da institución tras destacar as semellanzas existentes entre Galicia e Azores, nomeadamente no vínculo co mar e as actividades asociadas.
A visita encádrase dentro dunha viaxe institucional da delegación da Asemblea das Illas Azores por Galicia.