NOTICIA

----

Os alumnos do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol visitan o Consello da Cultura Galega

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, recibiu esta mañá ao grupo de alumnos do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol que están de visita por Galicia. Foron recibidos na biblioteca onde o presidente lle fixo unha presentación do Consello da Cultura e dalgunhas das súas actividades. Manuel Gago, director de culturagalega.gal, explicoulles o portal de divulgación cultural e avanzou algún dos novos proxectos de realidade virtual.