NOTICIA

----

O Consello da Cultura Galega leva a música de José Arriola ao Festival de Outono da Universidade do Minho

Hoxe comeza nas cidades de Braga e Guimarães a oitava edición do Festival de Outono que organiza a Universidade do Minho na apertura do ano académico. Unha cita en que colabora o Consello da Cultura Galega achegando a música de José Arriola. O cuarteto de corda da Real Filharmonía de Galicia será o encargado de ofrecer unha composición de José Arriola (Cuarteto de corda en Do Maior). O concerto terá lugar o sábado 30 de setembro, ás 17:00 horas, no Museu Nogueira da Silva de Braga.