NOTICIA

----

Adiado o recital “Poetas itinerantes” por imposiblidade de viaxar da comitiva catalá

Mañá mércores tiña previsto celebrarse unha nova edición do recital “Poetas Itinerantes”, un encontro promovido polo Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramón Llul e o Etxepare que xunta poetas galegos e catalás. A cita tivo que ser adiada pola imposibilidade de se desprazar da comitiva catalá.

O recital tiña prevista a participación de Anna Gual, Blanca Llum, Joan Pons, pola banda catalá e Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial, pola galega.