Barcelona acolle mañá un recital do ciclo “Poetas itinerantes” do Consello da Cultura

Mañá xoves 2 de novembro terá lugar unha nova edición do recital “Poetas Itinerantes”, un encontro promovido polo Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramón Llul e o Instituto Etxepare que xunta poetas galegos, catalás e vascos. A cita celébrarase no Pipa Club de Barcelona ás 19:00 horas.
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O recital supón a participación de Anna Gual, Blanca Llum, Joan Pons, pola banda catalá e Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial, pola galega. Terá lugar ás 19:00 horas no Pipa Club de Barcelona.
O programa “Poetas itinerantes” recunca en Galicia. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña.

Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Bilbao, durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera.

Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe.

Outras noticias que te poden interesar: