NOTICIA

----

Aberto o prazo de inscrición para a xornada “O Antropoceno e a Grande Aceleración”

1950 é un ano determinante para a xeoloxía. É cando se marcou o inicio dunha nova época xeolóxica coñecida como o Antropoceno. Nese ano tamén se fixa como o comezo da “Grande Aceleración”. Estes estas dúas nocións poñen en evidencia que a acción do home ten repercusións negativas no Sistema Terra. Sobre esta problemática xira a xornada “O Antropoceno e a ‘Grande Aceleración’. Unha ollada desde Galicia”, que terá lugar o vindeiro 23 de novembro no Consello da Cultura Galega. Está aberto o prazo de inscrición desta xornada coordinada por Francisco Díaz Fierros e pode facerse a través do sitio web.

Esta actividade xira arredor de dous eixes. Por un lado, haberá unha presentación da problemática global desta cuestión a cargo de expertos españois e, polo outro, abordarase unha revisión de como cambiaron os indicadores da "Grande Aceleración" (socioeconómicos e do sistema biolóxico) en Galicia. Expertos das universidades galegas e españolas así como de sociedades relacionadas coa materia participan neste encontro.