NOTICIA

----

Aberto o prazo de inscrición do encontro que analiza a faceta pública de Carlos Casares

Carlos Casares foi, para a cultura galega, moito máis que un creador. A súa faceta pública como escritor e coma intelectual centra un encontro que o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza os vindeiros día 16 e 17 en Santiago de Compostela. No sitio web da institución está aberta a inscrición desta cita que pretende analizar o papel xogado por Casares no campo político-cultural da Transición así como a actividade difusora da cultura galega no exterior.

Profesionais do xornalismo, literatura, investigación e amizades de Carlos Casares participan neste encontro que pretende contextualizar a figura de Casares na historia das últimas décadas. O seminario prestará atención ao labor político e ao seu compromiso cun xornalismo independente ao servizo do público lector. Ademais, tamén deixará oco para analizar o papel de Casares como embaixador da cultura galega.