DIA%20DO%20PATRIMONIO%202017

----

Na Real Academia Galega: os deseños de Claudio Varela para o decorado de O incerto señor Don Hamlet

Estes debuxos, realizados por Claudio Varela, foron empregados para o atrezzo na estrea da obra de Cunqueiro O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca que, co berro das verbas que encabezan este escrito, foi presentada polo Teatro da Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña, o 31 de agosto de 1959, baixo a tutela de Antón Naveyra. Nesta estrea tamén participou un novo poeta que sería chamado Antón Avilés de Taramancos.

Estes debuxos custódianse no Arquivo da Real Academia Galega. Fondo Claudio Varela de Cambre. Signatura C-10 / 2
Na Real Academia Galega: os deseños de Claudio Varela para o decorado de <i>O incerto señor Don Hamlet<i>

Esta “peza en tres xornadas, na que se representan as súas dúbidas e morte (de Hamlet), e se da varia noticia doutras xentes” converteuse inmediatamente nun fito da dramaturxia galega e universal. A obra foi escrita polo xenial mindoniense no outono de 1958, e rompe con principios temáticos tan característicos da época -a España da posguerra- como o costumismo, ou con aspectos sociais sen maior relevancia, para entroncar de pleno con correntes europeas como o existencialismo, o simbolismo ou o absurdo. Velaí a súa importancia.

Descarga a documentación do material.