A primeira sesión deste novo ciclo serve para reunir diferentes tipos de pensamento filosófico ou intelectual que tratan sobre a arte, pero que non son exclusivamente estéticos senón máis globais. Formulámoslles como punto de partida a idea de tradución: dunha lingua a outra, dunha imaxe visual a un relato, dunha proposta literaria a unha obra visual, ou a análise do propio sentido da tradución. José Yuste, Tom Skipp e José Jiménez son os expertos que participan nesta primeira cita.