Alberto Núñez Feijóo é investido Honoris Causa pola Universidade Trás os Montes cunha laudatio de Ramón Villares

A Universidade de Trás-Os-Montes e Alo Douro (UTAD) recoñeceu neste serán ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, co título Doutor Honoris Causa. O acto contou coa participación do presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, que leu a laudatio do homenaxeado na que destacou a historia recente das relacións e conexións entre Galicia e Portugal.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

A distinción de Alberto Núñez Feijóo foi aprobada por unanimidade do Conselho Geral da Universidade. Partía dunha proposta do reitor António Fontainhas Fernandes para destacar a importancia da aproximación estratéxica da Xunta e Galicia ao Douro nas áreas vinícolas, no turismo, na agricultura e na economia, entre outras, con especial atención á súa intervención decidida na na construcción da rexión do Douro Viñateiro, considerado hai dez anos Patrimonio Mundial pola UNESCO. Ademais, a distinción contribúe a reforzar a relación das tres Universidades do Norte do Portugal coas tres Universidades galegas.

Na súa laudatio Ramón Villares destacou os cambios nas relacións institucionais entre Galicia e Portugal que “teñen dado pasos de xigante nos últimos corenta anos, con certeza desde 1986, cando tivo lugar a adhesión de España e Portugal ás Comunidades Europeas....despois de viviren por séculos de costas viradas”. Insistiu no recoñecemento dos dirixentes en favor da construción dunha “arquitectura institucional que permita superar fronteiras e deseñara políticas comúns que contribúan a un mellor benestar dos pobos do norte de Portugal e de Galicia no marco europeo”.