Relación provisional do 8 de xuño de 2018 de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración e proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega.

De acordo co previsto na cláusula 10 da Resolución do 19 de abril de 2018, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 84, do 2 de maio de 2018), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección. As persoas interesadas terán un prazo de dez días (10) hábiles, que empezarán a contar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida.
Consulta aquí o listado
Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: