----

Fondo pesar no CCG pola morte de Xerardo Fernández Albor

O Consello da Cultura Galega lamenta profundamente a morte de Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta de Galicia trala aprobación do Estatuto de Autonomía. Xerardo Fernández Albor asinou o 8 de xullo de 1983 a lei do Consello da Cultura Galega e foi o primeiro presidente de honra da institución.


Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Fondo pesar no CCG pola morte de Xerardo Fernández Albor

O Consello da Cultura Galega quere recoñecer o talante e vontade galeguistas do primeiro presidente electo de Galicia. Baixo o seu mandato, a autonomía dotouse de institucións e leis referenciais para a normalización da lingua e cultura galegas. Posteriormente, Fernández Albor colaborou sempre de xeito entusiasta co Consello da Cultura Galega en todos aqueles proxectos nos que foi solicitado, contribuíndo a preservar a memoria da fundación da autonomía para vindeiras xeracións.

Fernández Albor fala sobre a creación do Consello da Cultura Galega no documental Consello da Cultura Galega: 30 anos imaxinando país