CONVOCATORIA

----

Candidatas seleccionadas pola comisión de valoración para as bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Marcelino Fernández Santiago, xerente do Consello da Cultura Galega e instructor do procedemento para a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018),

INFORMA

Que as candidatas seleccionadas pola comisión de valoración das devanditas bolsas cumpren os criterios establecidos na Resolución do 19 de abril de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia para a concesión de subvencións en réxime competitivo, de acordo a documentación presentada polos mesmos

Luns, 16 de xuño de 2018

Consulta aquí ás candidatas seleccionadas