Este xoves acollemos a presentación dunha publicación sobre o Terzo do Norte

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle este xoves 22 de novembro a presentación do libro Los soldados del Tercio Norte y las tres Españas en la guerra de Cuba, da autoría de Ana Isabel Bello Platas. No acto intervirán Dolores Vilavedra Fernández, secretaria da institución; Juan Ruesta Botella, coronel do Terzo do Norte; Pilar Cagiao Vila, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e a autora do libro, Ana Isabel Bello Platas.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

A publicación que se presenta mañá é resultado dun proxecto de investigación promovido polo Consello da Cultura Galega para a catalogación e recuperación de fondos documentais do Cuartel de Infantería de Mariña de Ferrol, que garda numerosa documentación fotográfica e documental sobre a presenza de galegos nos territorios onde se desenvolveron acontecementos bélicos. Ademais, o Terzo do Norte contén un arquivo musical moi destacado e importante que tamén se dixitalizou no marco desta iniciativa.

Outras noticias que te poden interesar: