Aberta a inscrición dunha xornada que analiza a necesidade do cambio horario

Todos os países europeos realizan dous cambios horarios ao ano en virtude dunha directiva europea. A principios deste 2018 o goberno de Finlandia solicitou formalmente a súa supresión e puxo sobre a mesa as vantaxes e os inconvintes desa medida. A apertura deste debate suscitou grandes críticas e polémicas no que a ciencia ten moito que dicir. Esta é a tese que defende Jorge Mira, coordinador da xornada “É racional o cambio estacional de hora?” que organiza o Consello da Cultura Galega. A cita terá lugar en Santiago o vindeiro día 4 de decembro e xa abriu o prazo de inscrición a través do web da institución.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Nesta cita participan Rui Jorge Agostinho, director do Observatorio Astronómico de Lisboa e autor do informe que recomendou ao goberno portugués a posicionarse en contra da eliminación do cambio estacional de hora, así como José María Martín Olalla, profesor da Área de Física da Universidade de Sevilla. Canda eles tamén está o propio coordinador Jorge Mira, quen, ademais de profesor de física da Universidade de Santiago, é membro do comité de expertos para o estudo da reforma da hora oficial española.

Outras noticias que te poden interesar: