Nesta cita participan Rui Jorge Agostinho, director do Observatorio Astronómico de Lisboa e autor do informe que recomendou ao goberno portugués a posicionarse en contra da eliminación do cambio estacional de hora, así como José María Martín Olalla, profesor da Área de Física da Universidade de Sevilla, experto no estudo de bases de datos que uso do tempo de poboación. Pola tarde falará o propio coordinador Jorge Mira, quen, ademais de profesor de física da Universidade de Santiago, é membro do comité de expertos para o estudo da reforma da hora oficial española.
Antecedes, debate sobre o fuso horario
Non é a primeira vez que o Consello da Cultura Galega afonda sobre as motivacións científicas que rodean ao cambio de hora. En 2016 organizou unha xornada sobre o cambio do fuso horario en Galicia e que deu lugar a unha publicación dixital (en galego e castelán) que se pode descargar desde o web da institución.