NOTICIA

----

120 profesionais e investigadores participan nos XIII Encontros para a Normalización Lingüística os días 28 e 29 de abril en Compostela

Cento vinte porofesionais e investigadores participan nos XIII Encontros para Normalización Lingüística que comezan mañá día 28 ás 10 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

Organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, ocuparanse de temas como lingua e mocidade, a promoción do galego como política pública e o impulso do idioma no ámbito municipal ou na administración de xustiza. Trátase do único foro regular, convocado anualmente, para o estudo, a reflexión e o debate sobre a planificación lingüística e todo o relacionado coa promoción do noso idioma. No acto inaguural ás 10 horas, intervirán Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Henrique Monteagudo, Director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. O programa ocupará os días 28 e 29 de abril.


O programa do xoves 28 de abril, logo da sesión inaugural, comezará co relatorio “Lingua, cohesión social e desenvolvemento”, presentado polo antropólogo Santiago Prado.


Ás 12´30 horas Carlos Neira falará sobre “Actitudes linguïsticas en Galicia: unha aproximación cuantitativa”.


Ás 16´30 horas chegará o relatorio “Estratexias colaborativas para a difusión dos recursos de planificación lingüística”, no que Susana Mayo e Susana Guitar presentarán “A difusiòn documental nos espazos virtuais: Documentación Especial en Liña e DeLingua”.


Ángel García Vidal referirase aos “Límites legais e rendemento das licenzas compartidas”.


O primeiro día rematará coa mesa de debate “A experiencia neofalante: como achegar a mocidade ao galego?, que contará coas intervencións de Iolanda Gomis, Xurxo Souto, Xurxo Martínez e Xandre Vázquez.


VENRES, 29


Os Encontros proseguirán o venres 29 con especial atención á “promoción do galego como política pública”, relatorio do politólogo Xosé Luís Barreiro Rivas, e unha “Análise da acción política no ámbito municipal”, a cargo de Nel Vidal.


Pola tarde reflexionarase sobre as accións para a promoción do galego desde os concellos nunha mesa redonda na que falarán Hermitas Valencia (BNG), Román Rodríguez (PP) e Francisco Cerviño (PSdeG-PSOE).


Pechará os Encontros unha mesa de traballo sobre “O galego na Administración de Xustiza” cos relatorios de Ana López-Suevos, Martín Ramos, Patricia López e Ánxel Sobriño.


No espazo complementario “Proxecta” presentaranse diferentes recursos e propostas para a normalización do idioma galego, entre eles unha unha historia gráfica da normalización lingüística, elaborada por Rosario Pérez Magdalena..


Coordinados por Susana Mayo e Henrique Monteagudo, os XIII Encontros para a Normalización Lingüística contan coa colaboración da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras da Normalización da Lingua e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Pode descargarse o programa en PDF en:

http://consellodacultura.org/files/2011/03/programa_xiii_encontros.pdf


www.consellodacultura.org

www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/