NOTICIA

----

O Consello da Cultura Galega lamenta os erros técnicos na retransmisión "Os espazos culturas da arte en Galicia"


Ante o incidente técnico que provocou cortes na emisión da xornada “Os espazos culturais da arte en Galicia: estado da cuestión”, e para facilitar o acceso aos contidos de toda a sesión, o Consello da Cultura Galega ofrece dende a web institucional o arquivo de audio de todas as intervencións e aproveita para lembrar que:

-Todas as retransmisións en directo das actividades do Consello da Cultura Galega fanse a través dun servizo gratuito de google, que xenera automaticamente e sen ningunha edición previa os vídeos que se poden ver na nosa canle.

-Na emisión en directo da mesa redonda da citada xornada houbo cortes que se produciron única e exclusivamente por cuestions técnicas derivadas da calidade da conexión.

-Ademais da emisión en directo pola canle de YouTube, todas as intervencións se rexistran en formato audio con medios propios. Por iso, ademais do vídeo temos o fichero de audio da sesión colgado na nosa web (e accesible desde a canle de YouTube) desde o momento en que tivemos constancia das omisións que existen no vídeo subido na nosa canle.

Desde o Consello da Cultura Galega lamentamos profundamente as molestias que se puidesen derivar deste incidente técnico