NOTICIA

----

Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo falan en Lugo sobre “O popular na obra de Cunqueiro”

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.- O xoves día 2 de xuño celebrarase en Lugo o segundo dos once faladoiros do programa do Centenario  Cunqueiro (1911-2011) organizado polo Consello da Cultura Galega. Os escritores Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo falarán sobre “O popular na obra de Cunqueiro”. O faladoiro comezará ás 19´30 horas na Aula Sociocultural Novacaixagalicia, sita na Praza de Santa María, en Lugo, e será presentado por Ramón Villares, Presidente do CCG.

O programa organizado polo Consello da Cultura Galega inclúe outros nove faladoiros sobre a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro, en Santiago (16 de xuño) e nos meses seguintes en: Ourense, Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Ferrol e Vigo.