A visita institucional tamén se achegou ata o Arquivo da Emigración Galega (AEG), sito na Cidade da Cultura, onde estaban presentes o vicepresidente da institución, Xosé Manoel Núñez Seixas; o xerente da institución, Marcelino Fernández; e o persoal técnico do AEG. Alí intercambiaron impresións sobre a preservación e as relación coas comunidades galegas e a conservación do seu patrimonio documental, así como iniciativas paralelas que se están a desenvolver en Euskadi e Galicia. Nese sentido, o Consello da Cultura Galega está a elaborar o proxecto do futuro “Museo da Emigración Galega”, mentres que o goberno vasco leva anos promovendo o “Museo da Emigración e do Exilio” que pretende albergar os materiais do proxecto Urzandi, que compila de datos e material da diáspora vasca.