NOTICIA

----

"Curso de conservación de rexistros sonoros" organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia

O Consello da Cultura Galega acollerá os días 9 e 10 de xuño  un Curso de conservaciòn de rexistros sonoros, organizado polo seu Arquivo Sonoro de Galicia en colaboración coa Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM).

Está dirixido a xestores de coleccións sonoras, técnicos de arquivos, bibliotecas e museos con fondos sonoros; técnicos de son e coleccionistas. Aquí pode consultarse o programa e formalizarse a necesaria inscrición: http://consellodacultura.org/?page_id=3611"