RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2019
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, establece que lle compete a esta entidade investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego.
Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2018 figura a convocatoria pública de dúas bolsas de colaboración para proxectos de investigación sobre diversos aspectos da cultura galega.
O seu outorgamento enmárcase nas funcións atribuídas ao Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Ver bases


Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

Aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas (2) bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid durante o ano 2019.

2. Solicitudes.

a) Para poder ser persoa beneficiaria das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base reguladora 6.

b) As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos na base 5 da convocatoria.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Información ás persoas interesadas.

a) Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional, a través dos seguintes medios:

a. Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

b. Páxina web oficial do Consello da Cultura Galega: http://www.consellodacultura.gal .

c. Teléfono 981 95 72 02 ou enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal .

d. Presencialmente: Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar; praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela.

b) Para dúbidas referidas a dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.gal .

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia do Consello da Cultura Galega, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid durante o ano 2019

Primeira. Obxecto e destinatarios

Esta resolución ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións que rexerán a convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (unha de investigación e outra de creación) e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970A), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base 6 da convocatoria.

Segunda. Contía das bolsas e dotación orzamentaria

A contía das bolsas será de mil euros mensuais (1.000,00 €) e están sometidas ás retencións establecidas pola lexislación fiscal para as rendas de traballo (Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas). Nesta contía están incluídos os custos da Seguridade Social (cota social e cota obreira), en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 11 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

O Consello da Cultura Galega financiará estas bolsas con cargo ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, por un importe máximo total de seis mil euros (6.000,00 €), que se destinarán ao pagamento das mensualidades das persoas bolseiras e das cotas da Seguridade Social, respectivamente.

A distribución entre as dúas aplicacións faise con base no recollido na Orde TMS/83/2019, do 31 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cesamento de actividade, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional para o exercicio 2019 (BOE nº 29, do 2 de febreiro), segundo o disposto no artigo 19.1 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro; no artigo 130 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e pola que se establecen os importes das cotas patronal e obreira por continxencias comúns e profesionais, a cargo da empresa e do traballador, para o persoal en formación de bolsa.

Pola súa parte, a Casa de Velázquez asumirá os gastos de hospedaxe. Proporcionará, ademais, tarifas preferenciais (boursier) para os gastos de mantemento na cafetaría da Casa de Velázquez. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de empregar os espazos de traballo e documentación da Casa de Velázquez. Do mesmo modo, poderán participar nas actividades de investigación e creación da Casa de Velázquez.

Terceira. Duración

As actividades iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base 11ª desta convocatoria. A duración de cada unha das bolsas será de tres (3) meses e, a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2019 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2019. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

As persoas que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada pola presidenta do Consello da Cultura Galega.

Cuarta. Requisitos xerais

Poderán solicitar estas bolsas ou seren persoas beneficiarias delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás as que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

Quinta. Solicitudes e prazo de presentación

As solicitudes formalizaranse no modelo que se publica como anexo IV a esta convocatoria, asinada pola persoa interesada.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Os formularios tamén estarán dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).

A presentación das solicitudes poderá, de igual forma, facerse de forma presencial no Rexistro do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar; praza do Obradoiro; 15705 Santiago de Compostela).

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Sexta. Documentación

1. Solicitude. Anexo IV.

No anexo IV inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de non atoparse incursa/o en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Declaración responsable das axudas ou de bolsas solicitadas ou concedidas polas administracións públicas, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades para o mesmo período.

e) Declaración conforme non resultou persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificación académica oficial completa (orixinal ou copia debidamente cotexada), na cal se fará constar a nota media do expediente académico da titulación.

b) Certificación do Celga 4 ou perfeccionamento da lingua galega (orixinal ou copia debidamente cotexada), agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes. Se este documento foi expedido pola Xunta de Galicia, achegarase copia só no caso de que a persoa interesada se opoña expresamente á súa consulta no anexo de solicitude. Tamén deberá achegarse copia no caso de ser expedido polo centro de estudos onde o/a solicitante cursou os estudos de bacharelato, é dicir naqueles casos onde non foi expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) Relación de méritos puntuables da persoa solicitante da bolsa, cubrindo o anexo V das bases reguladoras, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos específicos e méritos alegados.

d) A experiencia laboral acreditarase a través da copia compulsada dos contratos de traballo, informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou ben a través de copia compulsada de certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.

e) Memoria explicativa do proxecto de investigación, que presenta para a obtención da bolsa, elaborada segundo se especifica no anexo II.

f) Memoria explicativa do proxecto de artes visuais ou composición musical, elaborada segundo se especifica no anexo III.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada de solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Sétima. Comprobacións de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos (das persoas solicitantes, neste caso) incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– Título oficial universitario de licenciatura ou grao.

– Certificados de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

– Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións (Axencia Estatal de Administración Tributaria).

– Certificación de non ter débedas contraídas coa Seguridade Social (Tesouraría Xeral da Seguridade Social).

– Certificación de non ter débedas contraídas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

Oitava. Comisión de valoración

A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados nas bases e emitirá un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada.

A comisión de valoración estará integrada por cinco membros designados pola Presidencia do Consello da Cultura Galega:

– Presidente/a: un membro da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega.

– Vogais: tres persoas especialistas nos ámbitos de coñecemento para os cales se convocan as bolsas, dos que dous serán propostos pola Casa de Velázquez en Madrid.

– Secretario/a: a secretaria do Consello da Cultura Galega.

A composición da comisión de valoración farase pública na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún ou algunha dos/das compoñentes non pode asistir, será substituído/a pola persoa que para os efectos se nomee.

Novena. Criterios xerais de selección

A comisión examinará as solicitudes presentadas e valorará os méritos acreditados documentalmente.

A comisión non valorará aqueles méritos alegados polas persoas solicitantes que non fosen acreditados documentalmente dentro do prazo de presentación de solicitudes.

En caso de empate terase en conta, en primeiro lugar, o expediente académico e, en segundo lugar, o currículo.

De non presentarse solicitudes ou se ningún dos/das candidatos/as presentados/as resulta idóneo/a, a comisión de valoración poderá establecelo así no seu informe.

A) Bolsa de investigación.

– Expediente académico, que se valorará de forma proporcional ata un máximo de 10 puntos. A nota media do expediente académico persoal calcularase de acordo co baremo establecido na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro). Os/as titulados/as que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación deste 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.

Os e as solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación do expediente académico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas. Deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET); e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

– Memoria explicativa do proxecto que presenta para a obtención da bolsa, segundo se especifica no anexo correspondente. A citada memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a dobre espazo e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas. A non presentación desta memoria supoñerá a exclusión do candidato ou candidata.

– Curriculum vitae, formación complementaria e experiencia dentro dos ámbitos de coñecemento a que vai destinada esta bolsa: ata un máximo de 10 puntos.

1. Cursos, másters e diplomas de estudos avanzados (DEA) relacionados coa actividade a que se opta, organizados por organismos públicos, universidades, ata un máximo de 4 puntos.

a) Pola realización de máster, DEA: 2 puntos.

b) Memoria de licenciatura: 1 punto.

c) Presentación de comunicacións en congresos relacionados co obxecto da bolsa: 0,25 puntos por comunicación, ata un máximo de 2 puntos.

d) Asistencia a cursos de duración igual ou superior a 100 horas: 0,20 puntos por curso, ata un máximo de 1,5 puntos.

e) Asistencia a cursos de duración igual ou superior a 40 horas: 0,15 puntos por curso, ata un máximo de 1,50 puntos.

f) Asistencia a cursos de duración inferior a 40 horas: 0,10 puntos por curso, ata un máximo de 1 punto.

Non se valorarán os cursos de menos de 10 horas lectivas nin aqueles que non acrediten as horas lectivas.

Forma de acreditación: fotocopia dos títulos ou certificados de participación nas actividades formativas.

2. Traballos individuais publicados e participación en publicacións colectivas relacionadas co obxecto da bolsa, ata un máximo de 3 puntos.

a) Publicacións individuais (máis de 100 páxinas): 1 punto por publicación.

b) Artigos e colaboracións de máis de 20 páxinas: 0,40 por publicación.

c) Artigos inferiores a 20 páxinas: 0,20 puntos por publicación.

Non se valorarán as publicacións que non consignen o ISBN ou ISSN.

O mesmo mérito valorarase unha soa vez, ben como comunicación, ben como publicación. Forma de acreditación: fotocopia das referidas publicacións.

3. Experiencia laboral ou outras bolsas relacionadas co obxecto desta bolsa, ata un máximo de 3 puntos.

a) Contrato laboral: 1,25 puntos por ano (0,1 punto por mes).

b) Bolsas: 1 punto por ano (0,08 puntos por mes).

c) Prácticas: 0,5 puntos por ano (0,04 por mes).

B) Bolsa de creación.

– Expediente académico, que se valorará de forma proporcional ata un máximo de 10 puntos. A nota media do expediente académico persoal calcularase de acordo co baremo establecido na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).

– Memoria explicativa do proxecto que presenta para a obtención da bolsa, ata un máximo de 10 puntos.

– Curriculum vitae e obra de creación realizada previamente, ata un máximo de 10 puntos.

Décima. Instrución do procedemento e tramitación

A competencia para resolver as solicitudes de concesión de bolsas presentadas ao abeiro desta convocatoria corresponderalle á Presidencia do Consello da Cultura Galega.

O órgano instrutor do procedemento será a Xerencia do Consello da Cultura Galega que, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, realizará cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a/o titular da Xerencia aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidas/os e excluídas/os, que serán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Consello da Cultura Galega, con indicación dos seus apelidos, nome e número de documento nacional de identidade, así como das causas determinantes das exclusións que procedan.

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Consello da Cultura Galega e serán remitidas á Comisión de Valoración.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Comisión de Valoración valorará os méritos alegados polos candidatos/as conforme o baremo indicado na base 9 da convocatoria e formulará un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a puntuación obtida, que será remitido ao órgano instrutor.

A Xerencia do Consello da Cultura Galega, como órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, formulará a proposta de resolución provisional debidamente motivada. Esta proposta farase pública no taboleiro de anuncios e na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://consellodacultura.gal).

Abrirase un prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación da resolución provisional, co fin de que as persoas interesadas poidan realizar as alegacións sobre esta.

Unha vez transcorrido o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a súa proposta de resolución definitiva á presidenta do Consello da Cultura Galega, quen resolverá e fará constar a relación de bolsas concedidas, cos suplentes, se os houber.

A resolución de concesión da bolsa publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal), mediante relación nominal da persoa beneficiaria e suplentes e demais supostos, pola que se entenderán notificados/as para todos os efectos os/as solicitantes, sen prexuízo das notificacións individuais feitas ás persoas beneficiarias.

A listaxe de suplentes poderá ser operativa no caso de que as persoas bolseiras seleccionadas non se incorporen na data establecida, cando manifesten expresamente a súa aceptación da bolsa e renuncien a esta unha vez aceptada, así como cando se proceda á súa revogación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as interesadas e os interesados poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, perante a Presidencia do Consello da Cultura Galega, no prazo dun mes a partir do día seguinte a aquel en que se publique a resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante os xulgados do contencioso-administrativo.

De acordo co disposto no artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de cinco meses, contados a partir de que se publique esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O vencemento do prazo máximo sen que sexa notificada a resolución, lexitima ás persoas interesadas para considerar desestimadas por silencio administrativo as solicitudes presentadas.

As persoas excluídas terán un prazo de dous meses, a partir da publicación da concesión das bolsas, para recuperar a documentación presentada.

Décimo primeira. Aceptación e incorporación das persoas bolseiras

Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as persoas interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Se nese prazo algunha das persoas beneficiarias fai renuncia expresa da bolsa, procederase automaticamente á adxudicación da bolsa ao/á seguinte aspirante en puntuación.

Tanto para a aceptación como para a renuncia da bolsa, a persoa interesada dispón dun modelo (que se inclúe como anexo VI) para presentar tanto de xeito electrónico como presencial.

A data de incorporación á Casa de Velázquez en Madrid establecerase na notificación da adxudicación da bolsa. Se a persoa adxudicataria da bolsa non se incorpora no prazo de 15 días hábiles seguintes á data sinalada, perderá os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa debidamente xustificada de atraso, así apreciada pola Presidencia do Consello da Cultura Galega, que deberá ser alegada por escrito. No suposto de incorporación tardía, aínda que xustificada, reducirase proporcionalmente o importe da contía que se vai percibir.

Décimo segunda. Aboamento das bolsas

O aboamento das bolsas realizarase a mes vencido na conta bancaria indicada pola persoa interesada, logo da correspondente certificación emitida pola secretaria do Consello da Cultura Galega, de acordo co informe emitido polo/a director/a do proxecto de investigación a que estea adscrita a bolseira ou bolseiro, sempre que as actividades desenvolvidas se realicen con normalidade e de acordo coas bases establecidas. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A contía percibida estará en función dos días transcorridos desde a incorporación á bolsa.

En todos os pagamentos efectuarase a correspondente retención á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o regulamento) e da Seguridade Social (Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro).

Co último pagamento, as persoas beneficiarias deberán presentar declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

Décimo terceira. Réxime de desenvolvemento

Primeira. As persoas seleccionadas quedarán obrigadas:

a) Ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) A seguir as indicacións técnicas dos/das coordinadores/as ou titores/as do proxecto.

c) A entregar mensualmente aos/ás coordinadores/as ou titores/as do proxecto un informe da súa actividade e, ao finalizar a bolsa, nun prazo de cinco días, a memoria explicativa co resultado daquela.

Segunda. Os/as coordinadores/as ou titores/as que dirixan as persoas bolseiras poderán propoñerlle á Presidencia do Consello da Cultura Galega a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.

Décimo cuarta. Titores e/ou titoras

O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das persoas bolseiras mediante a realización de prácticas formativas nas áreas dependentes do Consello da Cultura Galega, con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o/a titor/a que teñan asignado/a.

Cada unha das persoas bolseiras contará cun titor ou cunha titora, que será a encargada de orientalos na súa formación. Deste xeito, as tarefas que as persoas bolseiras levarán a cabo estarán unicamente encamiñadas a completar a súa formación en cada eido investigador, e non poderán desenvolver ocupacións relacionadas coas tarefas administrativas propias da Casa de Velázquez en Madrid.

Décimo quinta. Incidencias, incompatibilidades, obrigas e cumprimento

a) O Consello da Cultura Galega resolverá todas as dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

b) As persoas beneficiarias teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das bolsas, así como as demais que deriven do artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Se algunha das persoas beneficiarias destas bolsas decide renunciar a ela, é seleccionada para outra bolsa, axuda ou proxecto, ou se produce algunha circunstancia determinante de incompatibilidade con esta bolsa, deberá comunicarllo á Presidencia do Consello da Cultura Galega, que procederá á suspensión da bolsa correspondente. A bolsa vacante poderáselle adxudicar ao/á candidato/a seguinte da lista de suplentes.

d) A renuncia poderá realizarse por calquera medio que permita a súa constancia conforme o artigo 94 da Lei 39/2015 e, no caso de que se comunique a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015.

e) O Consello da Cultura Galega poderá autorizar a interrupción temporal das bolsas, logo da incorporación da/o bolseira/o ao destino adxudicado, por motivos de forza maior. No caso de que a interrupción supere o 10 % do tempo total de duración da bolsa, suporá a súa revogación.

f) A concesión destas bolsas será incompatible con axudas destinadas ao mesmo fin. En calquera momento, a persoa responsable das prácticas poderá propoñerlle á Presidencia do Consello da Cultura Galega cancelar a bolsa por falta de rendemento da persoa beneficiaria, incumprimento do plan de actuación aprobado ou inadaptación ás normas de funcionamento da Casa de Velázquez. A Presidencia do Consello da Cultura Galega, logo de dar trámite de audiencia ao interesado ou interesada, poderá revogar a concesión da bolsa por incumprimento das obrigas contraídas pola persoa adxudicataria.

g) Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo prevé o artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) O incumprimento por parte da bolseira ou bolseiro de calquera das condicións recollidas na presente resolución e nas demais normas aplicables poderá constituír causa determinante de revogación da axuda e do reintegro total ou parcial pola persoa beneficiaria das cantidades percibidas xunto cos xuros de mora que lle puidesen corresponder en cada caso, en aplicación do disposto no artigo 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Décimo sexta. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Consello da Cultura Galega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopan vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Da mesma forma, procederase á súa inscrición no Rexistro Público de Subvencións conforme o establecido no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo.

Décimo sétima. Publicidade

As resolucións, así como os datos que se deban notificar de forma conxunta publicaranse na páxina web do Consello da Cultura Galega (http://www.consellodacultura.gal).

Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os seus efectos.

Décimo oitava. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuarse por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo novena. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Disposición adicional primeira. Natureza xurídica da relación

O aproveitamento destas bolsas non xera ningún tipo de vínculo laboral, administrativo nin de calquera outra natureza contractual ou legal entre a Administración autonómica e as persoas bolseiras.

Disposición adicional segunda. Remisión normativa

En todo o non recollido na presente resolución aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións e no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificada pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente no momento.

Disposición adicional terceira

A concesión das bolsas regulamentadas nesta resolución terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin.

Disposición adicional cuarta

Esta convocatoria poderase impugnar mediante un recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia do Consello da Cultura Galega, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente a través dun recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición adicional quinta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable polo Consello da Cultura Galega, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta do cidadán.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario. Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www. xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO II

Unha bolsa de estadía de investigación na Casa de Velázquez en Madrid

Esta bolsa ten como finalidade a presenza dunha persoa investigadora na Casa de Velázquez en Madrid.

Requisitos específicos das persoas solicitantes:

Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

– Ser licenciado/a ou graduado/a nas áreas de humanidades e ciencias sociais ou titulacións equivalentes.

– Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

– Presentar unha memoria do proxecto.

A persoa investigadora deberá presentar unha memoria explicativa do proxecto de investigación que resuma as características xerais da investigación que vai levar a cabo.

A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a duplo espazo e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas.

A investigación que se vai desenvolver pertencerá ao ámbito das ciencias humanas e sociais, cuxas fontes ou terreo de referencia se atopen en Madrid, e terá que ver coa cultura e a historia de Galicia e a proxección da cultura galega.

– Esta memoria débese acompañar dunha carta de convite dalgún centro de investigación, estudo ou documentación situado en Madrid, así como un escrito do responsable da investigación sobre o interese do proxecto.

ANEXO III

Unha bolsa de estadía de creación na Casa de Velázquez en Madrid

Esta bolsa ten como finalidade facilitar a presenza dunha persoa creadora na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes visuais (agás pintores e escultores) ou músicos.

Requisitos específicos das persoas solicitantes.

Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

– Posuír unha titulación universitaria ou de grao superior en ciclos formativos de ensinanzas artísticas, coreográficas, escénicas, musicais, deseño, imaxe e son.

– Presentar unha memoria do proxecto.

O creador ou a creadora deberá presentar unha memoria explicativa que resuma as características xerais do proxecto que vai levar a cabo. Nesta memoria incluirase un resumo do proxecto dunha soa páxina A4 vertical, en que explicite as súas motivacións, os tipos de traballos que pretende realizar e como se integra a bolsa no seu desenvolvemento profesional.

– Os proxectos de artes visuais (debuxo, cine, fotografía, gravado, vídeo) ou composición musical deberán estar avalados por un responsable dun centro de creación, dun museo, dun conservatorio, etc. No proxecto de creación deberase xustificar tanto a necesidade da estadía en Madrid como a da proxección da cultura galega.

Experiencia previa

As persoas solicitantes, segundo a súa categoría, deberán xuntar un curriculum vitae, acompañado da seguinte documentación, segundo o seu perfil:

Cineastas e videastas: un máximo de dous enlaces de películas cargadas na plataforma Vimeo. Só se valorarán os vídeos montados.

• Compositores: un máximo de dúas obras musicais (formato MP3-cun bit rate de 192 Kbits/s) e as partituras en formato PDF.

• Fotógrafos: un máximo de 10 fotografías (arquivos jpg, jpeg ou png).

• Artes plásticas: un máximo de 10 fotografías da súa obra (arquivos jpg, jpeg ou png).

Non se poderán incorporar enlaces a plataformas externas, agás Vimeo para os videastas e cineastas.