CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2019
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no anexo II. Requisitos específicos das persoas solicitantes, na páxina 22644:

Onde di:
«– Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos,…».
Debe dicir:
«– Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos,…»

Consulta a resolución