Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de cinco bolsas de colaboración e proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2019
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

De acordo co previsto na cláusula 10 da Resolución do 10 de abril de 2019, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 81, do 29 de abril de 2019), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección. As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles, que empezarán a contar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida.

Consulta a resolución