Obxectivos xerais:
Conservar a memoria viva da emigración galega a través da recuperación do seu patrimonio cultural.- Constituírse como un centro de documentación, investigación e difusión referencial que amplía e mantén as súas distintas modalidades de acceso e disposición de materiais de interese para os investigadores.
- Difundir e promover estudos e investigacións de carácter científico que servan para un mellor coñecemento dos distintos aspectos relacionados co fenómeno da nosa emigración.
Obxectivos específicos:
Pór a disposición dos investigadores os fondos da biblioteca, especializada en movementos migratorios de carácter rexional, nacional e internacional.
Recuperar e pór a disposición dos investigadores os fondos arquivísticos, gráficos e documentais, conservados moitos deles mediante a microfilmación e dixitalización, para facilitar a súa consulta por parte dos interesados.
Difundir os resultados de estudos realizados sobre o fenómeno migratorio a través da publicación da revista Estudios Migratorios, así como doutras obras de interese científico.
Organizar actividades como exposicións, congresos ou xornadas, co fin de crear un espazo de diálogo produtivo reunindo a investigadores e persoas interesadas polo estudo do fenómeno migratorio dende unha perspectiva interdisciplinar.
Estabelecer una relación fluída de intercambio con centros de documentación e investigación, tanto no ámbito nacional como internacional.
Proporcionar información a outras institucións sobre a emigración galega.