Primeiro encontro de Institutos Culturais no Institut Ramon Llull

A sede do Institut Ramon Llull acolleu o luns 17 de xuño a primeira reunión entre os directores dos Institutos Culturais do Estado. O encontro serviu para poñer en común as diferentes liñas estratéxicas das organizacións, os seus retos e obxectivos.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Imaxe do evento

A directora do Institut Ramon Llull, Iolanda Batallé, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes, quenes puideron visitar a sé, o palacio Baró de Quadras, un edificio modernista catalogado como Monumento Histórico Artístico de Interese Nacional. Pola parte do Instituto Cervantes asistiron o director, Luís García Montero; o director académico, Richard Bueno; e o director de cultura, Martín López Vega. Polo Consello da Cultura Galega asistiu a súa presidenta, Rosario Álvarez Blanco; e polo Etxepare Euskal Institutua, a súa directora Irene Larraza. Como sinalou Batallé, “o Llull acolle con moito interese este encontro, que se celebra por primeira vez, xa que permite xerar oportunidades de colaboración que melloren a proxección da cultura a nivel internacional”.

Pola súa parte, García Montero, manifestou que a direción do Cervantes ten como propósito “incrementar a súa actividade na difusión das diversas linguas e culturas do Estado”.

Nesta mesa liña, a Presidenta del Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, expresou que “a reunión e a boa sintonía é un punto de partida necesario nunha sociedade democrática que se define como plurilingüística e pluricultural. Servirá para responder conxuntamente aos retos dla sociedade con acordos en liñas estratéxicas compartidas e con actividades programadas en colaboración, dentro e fóra da península ibérica onde, non esquezamos, tamén está Portugal”.

Larraza considera, á súa vez, que a reunión “é un paso importante para xerar espazos de colaboración efectivos e concretos entre os institutos”.
Todos os directores destacaron a necesidade de continuar promovendo a creación de espazos de entendemento entre as linguas da península. Tamén se acordou a vontade de fomentar exemplos de casos de convivencia lingüística non conflictiva, xa sexa en contornos de aprendizaxe, creativos ou de diálogo.

Este grupo de traballo xorde como unha iniciativa particular destes institutos, para analizar a súa situación actual e a súavisión a corto e medio prazo en canto a temáticas estratéxicas. Estipulouse fixar un marco de colaboración para definir as necesidades horizontais de todos os institutos e determinar unha posición estratéxica común. Neste sentido, fomentaranse encontros entre homólogos técnicos das institucións da península para coordinar as diferentes directrices.