Novas publicacións na hemeroteca feminista “A saia”

Con gallo do Día do Orgullo LGTB a nosa hemeroteca feminista A Saia renovou publicacións periódicas e engadiu dúas novas cabeceiras: “Fluxos” e “as +perralheiras”. A primeira é o Anuario galego de estudios gais e lésbicos, editados entre 1998 e 2000 pola Asociación Sociocultural Blanco Amor co apoio do Colectivo Gai de Compostela. A segunda contén os 5 números que As Maribolheras Precárias (MBP), un grupo de artivismo queer da Coruña, publicaron entre 2005 e 2007.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Accede ao sitio web de A Saia, para que vexas as novas cabeceiras: Fluxos e as+perralleiras