O proxecto “Lousas” incorpora á rede 18 novos rexistros

“Los reyes del gramófono”, “Os Rouxinóis de portugal”, Joselín, Eduardo Falú son algúns dos nomes propios desta cuarta entrega de Lousas, o proxecto do Consello da Cultura Galega que pon en rede o patrimonio sonoro rexistrado en pedra que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Os Rouxinóis de Portugal é un grupo formado polas irmás Cidália -mezzosoprano-, Rosária -soprano- e Milita -contralto- que iniciaron a súa célebre carreira como cantoras de radio nos anos 40 na Emisora Nacional baixo a supervisión do mestre Tavares Belo. Aquí traemos un disco editado en Barcelona en 1945 no que interpretan «Alegre vais Ribeirinho: cantiga del Alto Miño» e «¡Oh! Ribeira, ¡Oh! Ribeira». Canda esta lousa, nesta cuarta quenda hai un novo rexistro do histórico coro de Perfecto Feijoo: Aires d´a Terra. Desta volta ofrecemos un disco editado en 1911 por Odeón no que se interpreta «A-la-la nº 1» e «Muiñeira».

Son algúns exemplos desta nova entrega do proxecto que sube periodicamente á rede material que atesoura o Arquivo Sonoro de Galicia.

Consulta as Lousas