De acordo co previsto na cláusula 10 da Resolución do 25 de abril de 2019, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección. As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles, que empezarán a contar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019
Consulta a Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid