Perfecto Feijoo Poncet (Pontevedra, 1858 -1935) foi un farmacéutico, gaiteiro e musicólogo galego. Fundou na súa cidade natal o coro de Aires da Terra, que foi o espello no que se miraron as formacións corais que se fundaron despois. A historia destas formacións e a súa contribución á cultura galega pódense ver na exposición “Son de Galicia” que o Consello da Cultura Galega realizou e estará aberta ata o día 5 de setembro na Casa das Campás en Pontevedra.