Presentamos “Radiodifusión galega na emigración” unha listaxe das emisións radiofónicas da diáspora

O 3 de setembro 1950 comezou a emitirse en Montevideo "Sempre en Galicia", o programa de radio máis antigo de emisión totalmente en galego que aínda pervive. Aproveitamos esta efeméride para dar a coñecer “Radiodifusión galega na emigración”, un repertorio histórico das actividades radiofónicas realizadas e protagonizadas polos emigrantes galegos fundamentalmente en América e Europa, pero tamén noutros destinos menos frecuentes con presenza galega.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O obxectivo desta ferramenta é servir como apoio aos investigadores dos medios de comunicación da emigración galega e das colectividades emigradas, así como dar a coñecer ao publico en xeral a representatividade e as características que tivo a radio galega da emigración a través dos seus protagonistas e das entidades da colectividade que apoiaron estas iniciativas. A listaxe destas iniciativas comezan cronoloxicamente na década de 1930 e chegan ata a actualidade.

Accede ao fondo desde aquí