----

Listaxe provisional de bolseiros de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2011

De acordo co previsto na cláusula oitava da Resolución do 27 de marzo de 2011 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes provisionais de bolseiros/as cunha relación nominal dos/as beneficiarios/as e suplentes.

O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

Descargue a listaxe (en PDF)

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: