Dispoñible na rede a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración

A emigración galega foi moi frutífera na creación de boletíns, xornais, revistas... e diferentes tipos de publicacións periódicas. O Repertorio deste tipo de prensa xestado na emigración suma preto de 756 referencias hemerográficas. A listaxe é froito dun proxecto de investigación dirixido por Vicente Peña a finais dos noventa e que agora se actualiza.

Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:
Dispoñible na rede a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración

Cada rexistro ofrece ampla información sobre a cabeceira (título, subtítulo, lema, lugar de edición, idioma, prezo, sociedade editora, resumo de contidos, periodicidade e cronoloxía etc). Algúns deles están a disposicións dos usuarios nas instalacións do Arquivo da Emigración Galega que está a traballar para poidan ser consultados en liña e facilitar así o acceso a investigadores e público.

Contén publicacións galegas editadas —tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega—, que están relacionadas co feito migratorio. E responden a unha variada tipoloxía: boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, prensa política, publicacións institucionais etc.


Accede ao repertorio aquí