O Consello da Cultura Galega felicita a escritora Pilar Pallarés polo Premio Nacional de Poesía

O Consello da Cultura galega felicita a poeta Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) polo Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía polo seu libro “Tempo fósil (Chan da pólvora)”. O galardón, convocado polo Ministerio de Cultura, ten unha dotación de 20.000 euros.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O xurado elixiu esa obra “por trasmitir con profunda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha conciencia da paisaxe como un corpo vivo”.