A exposición “Os Adeuses” inaugúrase hoxe en Florida no marco dun congreso sobre hispanistas

É a mostra que documenta os últimos momentos da emigración galega a América. “Os adeuses” narra a partida a través de 51 fotografías realizadas por Alberto Martí nos portos de Vigo e A Coruña entre 1957 e 1963. Despois de itinerar en numerosos destinos de España, Portugal e Brasil, chega agora ao Schmidt Center Gallery Public Space da Florida Atlantic University (FAU) onde estará ata o 13 de decembro. A inauguración terá lugar hoxe (5:30 PM, hora local) e estará presente a profesora da Hofstra University, Benita Sampedro Vizcaya.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

A exposición insírese no marco dun foro de investigación que leva por título “Mobilidades físicas, emocionais e culturais na transnacionalidade hispánica (S. XIX-XXI) a iniciativa do Departament of Languages, Linguistics and Comparative Literature da FAU.