----

Presentamos o “Foro Patrimonio e Sociedade”

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; a responsable da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, Rebeca Blanco-Rotea e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García presentan hoxe o Foro “Patrimonio e Sociedade”. Na rolda de prensa darán conta desta iniciativa do CCG que pretende facer unha reflexión profunda sobre o patrimonio cultural que permita a elaboración dunhas liñas estratéxicas de xestión do mesmo. Ademais, explicarán o formato pioneiro deste gran foro que implicará á sociedade, expertos e políticos. A presentación celébrase como antesala do Día do Patrimonio que ten lugar cada 16 de novembro.

Datos da rolda de prensa
Data: venres, 15 de novembro de 2019, ás 12:00 horas
Lugar: Consello da Cultura Galega
Asisten:
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Rebeca Blanco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais