O Consello da Cultura Galega participa no Comité Consultivo de Filoloxía que realizou a súa primeira xuntanza

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, participou esta semana na primeira xuntanza do Comité Consultivo de Filoloxía. Trátase dun órgano de asesoramento constituído no mes de xullo que pretende debater as tendencias e cambios nas demandas sociais que resulten de interese para o desenvolvemento da actividade docente e investigadora deste centro, prestar apoio na elaboración e implantación do seu plan estratéxico e trasladar á sociedade información sobre a Facultade.
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

O Consello da Cultura Galega forma parte deste organismo canda outras entidades como a Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En total está integrado por doce membros que representan a institucións públicas e privadas de especial relevancia nos ámbitos educativo, cultural, editorial, dos medios de comunicación ou da investigación, entre outros.

Nesta primeira xuntanza abordaron medidas para mellorar a proxección social do centro así como na súa oferta de títulos.