Con esta entrega poderemos ver os números publicados entre os anos 1995 e 1997 que nos permite coñecer os temas da actualidade do momento. O estudo do Consello da Cultura Galega sobre as preferencias do público da publicidade en galego; o debate sobre o papel das nacionalidades históricas nas negociacións previas á investidura de Aznar; as cifras de paro... son algúns dos temas que se poden consultar grazas a esta iniciativa.
Proxecto de dixitalización
En 2018 o Consello da Cultura Galega e a fundación A Nosa Terra asinaron un acordo que fixa a cesión provisional do fondo deste xornal para a dixitalización e a súa posta a disposición pública e gratuíta a través do web institucional do CCG. A nosa terra é un periódico galego semanal iniciou a súa andaina o dous de decembro de 1977 e rematou en 2011, cubrindo cun estilo xornalístico singular a actualidade política, económica, social e cultural de Galicia a través de contidos de longo alento. Este semanario é unha fonte fundamental para comprender a transición e os inicios da autonomía galega.
A Nosa Terra