María Xosé Porteiro, premio Ernestina Otero do Consello Municipal da Muller de Vigo

O Consello Municipal da Muller de Vigo decidiu, por unanimidade, conceder o premio Ernestina Otero a María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Porteiro ten unha ampla traxectoria como xornalista, política, escritora de novela e ensaio e actualmente é vicevaledora do pobo e ocupa diferentes postos na estrutura do Consello da Cultura Galega (é membro do Plenario, vogal da súa Comisión Executiva e directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, Cedif).
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Este galardón, que toma o nome da coñecida maestra e firme defensora dun modelo educativo renovador, recoñece o traballo desenvolvido por Porteiro na defensa dos dereitos da muller. María Xosé Porteiro recibirá este premio no transcurso dunha cea que terá lugar o venres 13 de marzo nunha cea no Hotel Coia en Vigo.

Sobre Ernestina Otero no Álbum de Galicia