Sarmiento investigou e reflexionou sobre case todos os ámbitos de coñecemento do momento: botánica, xeografía, filoloxía, historia, economía, antropoloxía, entre moitos outros. Todo orientado ao estudo de Galicia nos seus distintos aspectos, cun afán abertamente reivindicativo con miras ao seu progreso material e espiritual. Unha boa parte da obra de Sarmiento permanece inédita ou é escasamente coñecida.
Con respecto do seu nacemento, incluímos este fragmento do “Libro de Actas de los PP. del Consejo de este Monasterio de San Martín de Madrid”, que comprende os anos que van desde 1659 a 178, no que queda clara a súa orixe pontevedresa.
Fonte: Biblioteca Dixital Hispánica
O Consello da Cultura Galega, co patrocinio da Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela) e co concurso doutras institucións culturais galegas e españolas, dixitalizou un amplo material do que hoxe recuperamos tres documentos que dan conta dos seus amplos e variados ámbitos de coñecemento.
O primeiro deles é un autógrafo dunha carta que lle envía ao Duque de Medina Sidonia no que fala da electricidade
O segundo dos documentos que aproveitamos para difundir é outra carta que remite a o Duque de Medina Sidonia no que fala da "árbore do amor".
Fonte: Colección Medina Sodonia
O terceiro e último dos documentos que hoxe subimos, é unha carta de Martín Sarmiento ao seu irmán, no que lle fala de atúns e almadrabas.
Fonte:Fundación Penzol