----

O Consello da Cultura Galega manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do histórico intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo

O Consello da Cultura Galega manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do histórico intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo e desexa transmitir o seu pésame á súa familia. Membro fundacional do Consello da Cultura Galega, Díaz Pardo participou na propia xénese desta institución como membro da Comisión Asesora da Cultura Galega creada polo Decreto do 17 de febreiro de 1982 e encargada da preparación do texto que deu orixe á Lei de Creación do Consello da Cultura Galega do 8 de xullo de 1983.
O Consello da Cultura Galega manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do histórico intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo

Unha das figuras máis grandes do século XX na cultura, na arte e na empresa, o labor de Díaz Pardo foi crucial na recuperación do Seminario de Estudos Galegos, na creación de Edicións do Castro, o Laboratorio de Formas, Cerámicas do Castro e o Grupo Sargadelos. Esta traxectoria, unida ao seu carácter dialogante e ponte interxeracional, converteuno nun excelente embaixador da cultura galega no exterior e outorgoulle un nome de ouro na historia da cultura do país, e non só da cultura, tamén na Historia grande de Galicia.
Foto