----

Iria Sobrado dialoga con "Decisión" de Antía Moure

UNHA EXPERIENCIA SONORA DENDE ATALAIA.

Iria Sobrado dialoga con




NA VOZ




Iria Sobrado
É actriz de teatro e televisión e a súa proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras. Licenciada en Matemáticas e formada en teatro e performance, desenvolve a súa carreira artística con compañías como Nut Teatro, Churras e Ibuprofeno Teatro. Algunhas das súas performances -que asina como Iria Sobrado- son “Corazón”, “O estado cru”, “Brinde”, “Titania” ou “A espera (Reclamando a Clitemnestra)”. Foi candidata a finalista nos Premios Max 2017 como actriz secundaria por “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro. Como actriz de televisión foi coprotagonista durante 8 temporadas de “Pazo de Familia”, actriz de reparto en “Do dereito e do revés”, actriz secundaria en “A lei de Santos”, actriz secundaria en “Viradeira”, actriz e colaboradora en “Land Rober” e “Tourilandia”, da TVG. Actualmente encóntrase inmersa no proceso creativo de escrita do seu primeiro guión audiovisual, “Aquagym”, proxecto seleccionado na convocatoria Subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, do AGADIC. Gústanlle os fogos de artificio e a poesía, o mar, a calor e o salitre. Valente e as valentes. É feminista. Ama, por riba de todas as cousas, á súa filla Helena.

NA OBRA


Antía Moure
Decisión
2009. FOTOGRAFÍA
Medidas: 75x105cm
Fotografía dixital